San Froilán 2023 na mirada de Lois Cid


Unha cidade sobre unha cidade, con todas as súas necesidades cubertas. Quilómetros de mangueiras e cables que abastecen as construcións temporais que se erguen sobre o asfalto e a pedra. Espazos nunca tan habitados suxeitan o plató onde sucede a festa. As imaxes devolven a luz proxectada sobre a escenografía móbil, converténdose en case soños ou recordos que se desvanecen, como a cidade efémera que aloxa o San Froilán cada ano.

Fotografías de: Lois Cid