«A arte non é o que se ve,
a arte é a brecha.»
– Marcel Duchamp
Traballa coa fotografía, a escritura e o vídeo, a miúdo de maneira híbrida. Ademais, a súa formación e experiencia en teatro e cine, aportan unha dimensión corporal, sonora e narrativa aos seus proxectos. A súa linguaxe baseáse na poética, abordando os seus traballos dende a contemplación e o pensamento, e nos que a memoria, o tempo e a identidade son temáticas recurrentes. Combina a súa carreira artística co seu traballo como fotógrafa (facendo fotografía de escena, foto fixa e retrato) e docente.
«Estas imaxes saen dunha mistura de días que contan, a un mesmo tempo, todos os tempos que se misturan nas festas: o movemento continuo de xente, as súas esperas, a velocidade das barracas ou o pulso do baile. As cores e as luces enchen as fotografías nun intento de trasladar nelas uns olores e uns sons que enseguida vinculamos coas festas do San Froilán.»
sabelaeiriz.es
instagram.com/sabelaeiriz
facebook.com/sabelaeirizzzzzz
San Froilán 2022 na mirada de Sabela Eiriz – ver galería
Directora de fotografía de proxectos audiovisuais documentais e de ficción.
Membro de ollo_photo.
Autora do proxecto multimedia Raíces Doces (Premio Nacional de Xornalismo Gastronómico Álvaro Cunqueiro).
Directora da serie Conseguiremos realizada en colaboración coa Real Academia Galega e a Universidade de Santiago de Compostela para promover o uso do galego entre a mocidade (Premio Clúster Audiovisual Galego 2020).
En 2021 obtivo o máster en Dirección de Fotografía na Escola Superior de Cinema e Audiosuais de Cataluña.
San Froilán 2022 na mirada de Paula Quiroga – ver galería
«Sinto que a fotografía ensíname a mirar, dun xeito que o corazón e a cabeza
funcionan á par, permitíndome ter un ollar curioso e rebelde, redescubrindo así a
miña entorna.»
«No meu ollar, o Sanfroilán faino á xente. Os sorrisos, os bailes, as cancións… Isto é o que quixen retratar, un Lugo vivo e sorrinte.»
instagram.com/karte.photo.lug
facebook.com/andrea.pradorielo.7
San Froilán 2022 na mirada de Karte – ver galería
Como fotógrafo (diletante «tinqueador» de imaxes)
non ten mais credo que a carta de Sergio Larraín a un dos seus sobriños.
O resto é a vida que o leva… Pero iso importa, a caso iso importa…?
San Froilán 2022 na mirada de Xerardo Quintiá – ver galería
Ilustrador con alma de animador e amante da fotografía de música en vivo. A formación como deseñador gráfico tamén axuda. Realiza ilustracións para prensa, cartelaría, portadas musicais, camisolas, videoxogos, deseño de personaxes, etc. Colabora habitualente con VivaLugo e El Notario del siglo XXI.
Animación (2D e Stop Motion) e Motion Graphics: videos explicativos (Linknovate, Hola Portal), vídeos para galas deportivas (Premios Líder, Presentación do equipo do Ensino), proxeccións para Pangea de Abraham Cupeiro, curtametraxes (Polo Sen Cabeza, Sopa de Tartaruga), teaser do filme SKHID de Fernando Cortizo… Banda deseñada: «Compostela, camiño de pedra» con guión de Carlos Blanco e Paco Abelleira (2015, Turismo de Santiago de Compostela), proxectos persoais curtos como «Grum!» e «Materia de colorenchos».
facebook.com/i.mouronte.b
instagram.com/i.mouronte.b
vimeo.com/imouronte
San Froilán 2022 na mirada de I. Mouronte B. – ver ilustración en 360º
San Froilán 2021 na mirada de I. Mouronte B. – ver galería
Especializado en proxectos persoais de fotografía documental e multimedia por todo o territorio e que tratan diversas temáticas sociais, varios deles premiados. Colabora en medios de comunicación como fotoxornalista: Viva Lugo, El Progreso, Nós…
Conta con varias exposicións individuais e colectivas. Conferenciante e docente de fotografía do Campus Terra USC Lugo.
Premios máis destacados: Gañador da 29 edición do premio Galicia en Foco (2020), 3º premio os anos 2020 e 2021 do Certame Ruth Matilda Anderson, Finalista no Hector Zampaglione Photojournalism Award.
adrapallon.com
instagram.com/adrapallon
facebook.com/adrapallonAVR
San Froilán 2022 na mirada de Adra Pallón – ver galería
San Froilán 2021 na mirada de Adra Pallón – ver galería
Retratos San Froilán 2021 de Adra Pallón – ver galería
Fotógrafo profesional de espíritu amateur.
Cofundador, director e fotógrafo de Viva Lugo.
Fotógrafo de eventos culturais e de rúa.
vivalugo.es
marcosloopez.com
instagram.com/marcosloopezfoto
facebook.com/marcosloopezalvarez
San Froilán 2022 na mirada de Marcos Loopez – ver galería
San Froilán 2021 na mirada de Marcos Loopez – ver galería
Actualmente desenvolve o seu traballo no ámbito da fotografía corporativa, de eventos e deportiva.
noeliaalpe.com
instagram.com/mutantecosmica
San Froilán 2021 na mirada de Noelia Alpe – ver galería
Dirección de arte e desenvolvemento de imaxe creativa para artesáns, oficios e marcas.
Fotografía de publicidade e produto e- commerce, RRSS, lifestyle, corporativa e eventos.
grandartesaniagrafica.com
instagram.com/grand.io
facebook.com/lgrandio
San Froilán 2021 na mirada de Lorena Grandío – ver galería
Practicanta de ilustración ✏️
Aprendiza de fotografía 📷
behance.net/cordeiranegra
instagram.com/belen_cordero
instagram.com/cordeiranegra
facebook.com/belen.corderorodriguez.1
As fotografías do San Froilán de Belén Cordero – ver galería 2019
As fotografías do San Froilán de Belén Cordero – ver galería 2018
Ademáis de fotógrafo é músico 🎸 en Berta Franklin e Kimuro.
facebook.com/cesar.lopezsuarez
instagram.com/cesarlop69_fx
As fotografías do San Froilán de César López – ver galería 2019
«Miguel Pedrouzo, o seu camiño e a fotografía», esta podería ser a frase inicial para contar a miña historia e a miña relación co mundo fotográfico.
A fotografía cruzouse no meu camiño por casualidade. O meu crecemento, evolución e mellora neste campo artístico é froito dunha aprendizaxe autodidacta, co que aos poucos adquirín un mellor manexo da cámara, así como unha maior sensibilidade para transmitir coas miñas instantáneas a miña visión do mundo. Con todo, son consciente de que aínda queda un longo camiño por percorrer e moito por aprender (nunca un deixa de facelo).
miguelpedrouzo.com
instagram.com/miguel.pedrouzo
facebook.com/miguelpedrouzofotografia
San Froilán 2021 na mirada de Miguel Pedrouzo – ver galería
Capturo os momentos reais, as emocións, porque gozo de cada voda e de cada unha das vosas historias.
instagram.com/bego_perez_fotografa
instagram.com/eu_bp
facebook.com/begoperezfotografa
San Froilán 2021 na mirada de Bego Pérez – ver galería
instagram.com/maria_viso_photo
instagram.com/maria_viso_design
facebook.com/maria.visogonzalez
As fotografías do San Froilán de María Viso – ver galería 2019
As fotografías do San Froilán de María Viso – ver galería 2018
As fotografías do San Froilán de María Viso – ver galería 2017